Como consecuencia do contexto no que se atopa o noso Centro, o Equipo de Dinamización Lingüística considera necesario afrontar o presente curso académico dirixindo o seu labor a todos e cada un dos sectores que integran a Comunidade Escolar facendo, se cadra, especial fincapé naqueles que precisen maior atención.

MEMBROS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

COORDINADORA

Begoña Rodríguez Camoira (ESO)

REPRESENTANTES DO PROFESORADO

Carmen Castro López (EI)
Carlos Cadahía de Vega (EP)
Laura Balboa Aira (ESO)

REPRESENTANTE DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

Sira Caulonga

REPRESENTANTES DO ALUMNADO

Daniel Cordero Ramos
Adriana Álvarez Couto
Ricardo Vilar Ameijide

OBXECTIVOS DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

O OBXECTIVO XERAL é a Dinamización Lingüística e o uso do Galego.
OS OBXECTIVO ESPECÍFICOS: 

  1. Formación/adecuación de actitudes de cara á normalización lingüística.
  2. Avance na liña normalizadora nas relacións internas e externas do Centro.
  3. Seguir promovendo a escrita en galego en todas as comunicacións que saian do centro, así como toda a documentación empregada a nivel interno (actas, titorías, departamentos…)
  4. Utilizar, promover e divulgar a lingua galega en todas as actividades que se leven a cabo no Centro
  5. Promover a lectura, fala, comprensión e escritura na lingua propia da nosa Comunidade.
  6. Valoración e estima da Lingua Galega así como da historia e cultura propias por parte de todos os membros da comunidade educativa.
  7. Utilización do entorno sociocultural como un dos medios normalizadores.
  8. Valorar a importancia que ten a tradición oral na transmisión e normalización da lingua.
  9. Facilitar a asistencia ao colexio de ilustradores, escritores, contacontos, grupos teatrais e de música tradicional, ou persoeiros relevantes da escena pública, que promovan a lingua e cultura galegas
  10. Promocionar as festas tradicionais galegas
Translate »