A oferta pastoral

Consideramos A escola como lugar privilexiado de formación integral da persoa en tódalas suas dimensións, para acadar aquela finalidade que D. Bosco resumía así: «Bos cristiáns e honrados cidadáns

  • O noso proxecto ofrece unha visión do mundo e da persoa dende a proposta de Xesús de Nazaret e os valores do humanismo cristián.
  • Procuramos que todos os elementos educativos do ambiente, dos procesos, das estruturas, dos contidos curriculares e das relacións sexan coherentes e estean abertos ao Evanxeo.
  • A acción pastoral é toda forma de acompañamento dos nenos e mozos que leva a un proceso de maduración na fe axudando a construír boas persoas.
  • A oferta pastoral é para todo o alumnado, coa correspondente gradualidade e continuidade, segundo os niveis educativos.
  • Todo o persoal do centro está implicado nestes procesos, aínda que corresponda ao coordinador e equipo de pastoral presentar as propostas e animar a sua realización. Por iso falamos de Comunidade Educativo-Pastoral.
  • Salientamos algunhas accións , como son: o momentos dos “Bos Días” ao comezo de cada xornada; a clase de relixión católica; as celebracións cristiás; as campañas de solidariedade que axudan a crecer en sensibilidade social; as convivencias cristiáns; a celebración das festas da Igrexa e aquelas particulares do colexio; a oferta dun itinerario de fe vivido en grupo, especialmente dende a plataforma asociativa de Novas Rutas.
Translate »