Saúdo e presentación

Un ano máis douvos a benvida, en nome da Comunidade Educativa a este curso escolar que comenzamos con ilusión.
Setembro énchese de proxectos; desde a ledicia de reencontrarnos ao reto que supón pensar nos 9 meses de curso que temos por diante.
Esta axenda quere presentarnos ese camiño que imos a percorrer xuntos: obxectivos, equipos, actividades, asociacións, datas importantes… Todo é expresión de que xuntos farémolo posible.
O centro do colexio sodes os alumnos, e os docentes darémosvos as ferramentas necesarias para crecer e desenvolver as vosas capacidades, aproveitando todos os aprendizaxes, experienzas e coñecementos que o colexio vai a ofrecervos e que ides a descubrir e vivir día a día, compartíndoos cos vosos amigos e compañeiros e evolucionando como persoas, únicas e íntegras.
Desexo que disfrutemos este ano académico cargado de novidades e aproveitemos calquera oportunidade de saír de nós mesmos, de compartir e de anunciar a Aquel que nos regala tanto cada día: Xesús de Nazaret, ese amigo que nunca falla.
Deséxovos a todos un bo curso escolar, e que familia e escola camiñemos na mesma dirección, colaborando conxuntamente en beneficio da vosa educación.
FELIZ CURSO!

– – – – – Ana Mª Rodríguez Rey – – – – –
Directora Titular

Translate »