O noso centro

O COLEXIO MARÍA AUXILIADORA é un centro privado concertado, recoñecido legalmente nos niveis de Educación Infantil, Primaria, Educación Secundaria Obligatoria e Educación Especial. Dita ensinanza vese completada ademais coa atención ás necesidades educativas especiais en tódalas etapas, a través da aula de educación especial, aula de pedagoxía terapéutica, apoios e reforzos educativos.
Que se acolle ó financiamento público con un concerto pleno para garantir a gratuidade e o acceso a todos.
O Colexio Mª Auxiliadora forma parte da familia Salesiana. O Instituto das Fillas de María Auxiliadora ( FMA) nado do corazón de Santa María Mazzarello, quen á súa vez se inspirou en San Juan Bosco. As Fillas de María Auxiliadora están presentes en todo o mundo.

COMO EDUCAMOS?

  • Promovemos a educación integral dos/das alumnos/as de acordo cunha concepción cristiá da persoa, da vida e do mundo.
  • Así mesmo, superando os límites do ensino meramente académico, promove actividades culturais, propostas de educación na fe, celebracións relixiosas, actividades de tempo libre… favorecendo un ambiente educativo e evanxelizador, rico de relacións e experiencias de grupo.
  • Conta con espazos e recursos materiais e humáns para o bon desenvolvemento da súa actividade.
  • Favorece o desenvolvemento das distintas asociacións: Asociación de Pais/Nais, Asociación de María Auxiliadora, Salesianos Cooperadores, Antigos/as Alumnos/as e Grupo “Novas Rutas”.

QUE PRETENDEMOS?

  • A Comunidade Educativa do Centro, pretende que o alumnado sexa o centro da vida escolar e que a súa preparación intelectual, afectiva e moral sirva para facilitar o seu pleno desenvolvemento persoal e social. A acción titorial é unha das nosas claves.
  • Queremos responder ás necesidades educativas e humanas das familias e alumnos que conforman o noso Centro, dando respostas aos retos tecnolóxicos e ás necesidades sociais axudando á conciliación da vida familiar e laboral. Para tal fin temos un servizo de atención temperá, comedor con cociña propia e asistencia de educadores no tempo da comida e tempo libre e unha ampla selección de actividades extraescolares de boa calidade.
  • Estímase primordial unha boa conexión e comunicación coas familias.
  • Compre sinalar xa a implicación dos pais, algúns a nivel persoal e a través do ANPA, como apoio económico e persoal, á hora de impulsar e organizar diversas actividades de gran importancia para o noso centro.

COMO O FACEMOS?

  • O motor da actividade do centro é a Pastoralque impulsa a actividade do centro verticalemente mediante os principios-valores baseados no estilo salesiano. Estilo definido por D. Bosco e M. Mazzarello co que a nosa escola tenta logra-las súas finalidades.
    • Fomento dos idiomas
      • Valoramos a ensinanza das linguas estranxeiras. A ensinanza do inglés comeza xa aos tres anos; psicomotricidade en 5 anos en inglés.
      • Seccións bilingües en 3º e 4º de EP de expresión plástica, e en 5º e 6º de EP de educación física.
      • Contacto dos alumnos da ESO co estranxeiro con viaxes culturais a Londres, Francia e xogos europeos da xuventude salesiana que cada curso celebranse nunha capital europea.
      • Auxiliar de conversa de inglés nativo nas tres etapas e profesora de francés na ESO nativa.
      • Somos centro examinador Oxford.
      • Teatro e atividades en galego, castelán, francés e inglés.
    • Proceso de ensinanza-aprendizaxe.
      • O equipo directivo e todo o persoal docente e non docente se esforza por crear un clima de mellora continua.
      • Contamos cun equipo educativo de profesionais -docentes e non docentes- que ademais do seu labor profesional e seguindo os principios que nos caracterizan, axudan a dar vida esta comunidade educativa mediante o coñecemento ecultivo da lingua, costumes e cultura galegas; potencian un clima de integración e de apertura a tódolos pobos e culturas, e impulsan a síntese entre fe, cultura e vida.
      • Favorecemos a vida sa: aposta polo coidado do medio ambiente, deporte, hábitos saudables, obradoiros de alimentación e prevención de consumos, acoso e uso das redes sociais.
      • Estes principios-valores, conforman unha idea que subxace en toda a Comunidade Educativa e que marca o noso camiño diario. Para facer que dita idea sexa operativa e funcional o equipo de mestres do centro, ademais das accións cotidiás agradables en toda actividade docente en relación con normas, actitudes e valores, realiza un traballo baseado na revisión e posta en marcha de obxectivos de carácter anual.
    • Metodoloxía:
      • Inmersos nun proceso de cambio metodolóxico, despois dun tempo de preparación e concienciación, o equipo educativo do colexio María Auxiliadora busca como dar resposta a un alumnado movido por intereses moi diversos, pertencente a culturas diferentes nalgúns casos e sobre todo un alumnado que pertence á nova era tecnolóxica.
      • O noso obxectivo de innovación:«Crear un espazo significativo de aprendizaxe dirixida ao cambio educativo favorecendo o desenvolvemento integral segundo o carisma salesiano» Unha metodoloxía pensada para que o alumno desenvolva de forma natural e integrada capacidades e habilidades”.
      • Uso de metodoloxías activas, abertas, flexibles, motivadoras e ferramentas innovadoras combinadas coas tradicionais:
      • Aprendizaxe Cooperativa (AC). Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) . Avaliación por rúbricas en EP e ESO. Integración das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC). Potenciación da cultura do pensamento na aula mediante Rutinas e Destrezas de Pensamento.
      • Potenciamos un alumnado que pensa e ten unha actitude crítica, son os protagonistas activos na creación de contidos e non meros espectadores pasivos.
Translate »