
Os principios e criterios da nosa acción educativa están baseados e inspirados na PROPOSTA EDUCATIVA DAS ESCOLAS SALESIANAS, que se concretan no CARÁCTER PROPIO DO CENTRO.
COMO ESCOLA CATÓLICA, fundada sobre os valores do evanxeo, fiel a misión confiada por Deus a comunidade eclesial, en diálogo coa realidade cultural e relixiosado nosso contexto, trata de:
- Promover a formación integral dos alumnos de acordo cunha concepción cristiá da persoa, da vida e do mundo
- Crear un ambiente que favoreza a testemuña e acción evanxelizadora dos creentes
- Impartir a ensinanza religiosa escolar con programas académicos axeitados no seu contido e calidade
- Promover, entre os que desexen, itinerarios de educación na fe e outras actividades de vivencia comunitaria e de celebración, no marco do respecto as liberdades
- Orientar cara a inserción e ao compromiso nos movimentos eclesiais
- Colaborar dende os valores evanxélicos, con outras forzas sociais comprometidas na construcción dunha sociedade mais humana e mais xusta.
COMO ESCOLA SALESIANA actualiza o proxecto educativo de D. Bosco e María Mazzarello que, ao longo dos anos, seguen estando presentes entre os nenos e os mozos. A escola salesiana:
- É popular, libre e aberta a todas as clases sociais, dando preferencia aos máis necesitados.
- Exclúe calquera discriminación.
- Cultiva un ambiente de familia que educa, de forma que os rapaces atopen nela a sua propia casa.
- Coloca ao alumno no centro do proceso educativo e axúdalle a crecer mediante múltiples propostas educativas.
- Coida a relación cos alumnos mediante unha presenza educativa entre eles.
- Da preferencia as necesidades da zona e promove a solidariedade cos máis necesitados, tamén en colaboración con outras entidades.
- Favorece a participación corresponsable de todos os membros da comunidade educativo-pastoral
- “Educa evanxelizando e evanxeliza educando”
O noso ESTILO educativo
Inspírase no Sistema Preventivo de D. Bosco, que se basa nos valores da Razón, a Relixión e o Amor. Características principias:
- Criterio preventivo que leva a facer propostas de experiencias positivas e conductas axeitadas, axuda aos alumnos a superar situacións difíciles, a valorar o sentido da propia mocidade e vivir en plenitude as suas aspiracións.
- Ambiente educativo que se caracteriza polo protoganismo dos alumnos, o espíritu de familia, o traballo diario e esforzo concreto. A invitación a creatividade, o clima de Ledicia e de festa
- A presenza-asistenza dos educadores entre os alumnos.
- Unha relación educativa que crea ambiente de familiaridade entre educadores e educandos
- Abre a unha visión trascendente da vida e fai unha oferta respectuosa de experiencia de fe que se caracteriza polo encontro con Deus na vida cotidiá, a celebración festiva da fe, a devoción a María auxiliadora, a frecuencia de sacramentos.
- Fai propostas de compromiso cristián.
- Propón experiencias máis aló do horario lectivo.