«Don Paco»
Un ano máis homenaxeamos as nosas Letras coa figura do prolífico escritor Francisco Fernández del Riego que nos deixou un legado literario e bibliográfico moi destacado. No só polo seu labor como escritor, tamén como editor posto que dirixiu a editorial Galaxia. Un incansable persoeiro que traballou a prol de moitos ámbitos da cultura galega como el mesmo dicía: «A cultura non se pode politizar, perténcelle ao país que se interpreta a través dela». Nesta festa das Letras Galegas contamos con actuacións musicais, vídeos e recitais do noso alumnado da ESO. Con vós todo é mellor, seguide mantendo a lingua viva, pois forma parte do noso patrimonio!