ESO – Celebración do Magosto

O pasado venres 29 de outubro celebramos o magosto, unha xornada de ledicia na que o alumnado tivo a ocasión de aprender un pouquiño máis sobre a castaña e o outono cun divertido kahoot. Ademais, presentouse o concurso de decoración de aulas. O xurado, formado por alumnado de EP e unha profesora desta etapa deu a coñecer o grupo galardoado: 4ºB de ESO. Moi contentos,as con este merecido recoñecemento o colexio entregoulles un agasallo doce. Parabéns!

Estade atentos que logo sairán os finalistas do concurso “Tik-tok receita”. Que ganas temos de elaborar esas sobremesas doces!

O Equipo de Dinamización felicítavos polo voso traballo a prol do fomento da Lingua Galega e o esforzo amosado coa decoración estes días!

Translate »