SEGURO ESCOLAR
- En caso de accidente escolar, é imprescindible cubrir na portería do colexio o parte de accidentes correspondente antes de acudir ao Centro Médico.
- O alumnado menor de 15 anos recibirá a asistencia médica nas urxencias do sanatorio NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES ou no Hospital POLUSA, ambos son centros concertados co Seguro Escolar do Colexio.
- O alumnado de 15 anos ou máis, recibirá a asistencia médica nas URXENCIAS do HULA.
- O Seguro Escolar NON SE FAI CARGO da asistencia sanitaria cando se acode sen o parte correspondente ou se se asiste a un centro médico diferente aos anteriormente sinalados (debéndose facer responsables os pais/titores da factura correspondente)
A continuación facilitamos un resumo das garantías contratadas para as pólizas de Accidentes das alumnas e alumnos, así como unha pequena desrición das mesmas e aspectos a ter en conta