Reproducimos nestas páxinas todos os boletíns informativos referentes a Escola De Pais clasificados por etapa educativa e curso escolar. Somentes aparecerán documentos ata o curso escolar 2012-13 xa que a partires desa data, decidimos levar a cabo esta tarefa formativa mediante convocatoria presencial para nais e pais no colexio. Esperamos seguir contando coa vosa presencia nesta tarefa tan importante durante o presente e vindeiros cursos académicos
EI – Xuño 2013
Educar nenos AUTÓNOMOS,Para ser nenos RESPONSABLES
O ser humano aprende a responsabilizarse, ou a non facelo, dende a primeira etapa da súa vida. As pequenas tarefas e obrigacións da vida cotiá terán que estar adaptadas a cada idade do neno. O sentido da responsabilidade entrará en xogo dende as máis sinxelas situacións da vida cotiá e no trato diario que o neno teña cos seus pais, os seus mestres e os seus iguais.
EP – Xuño 2013
Educar nenos AUTÓNOMOS, para ser nenos RESPONSABLES
O ser humano aprende a responsabilizarse, ou a non facelo, dende a primeira etapa da súa vida. As pequenas tarefas e obrigacións da vida cotiá terán que estar adaptadas a cada idade do neno. O sentido da responsabilidade entrará en xogo dende as máis sinxelas situacións da vida cotiá e no trato diario que o neno teña cos seus pais, os seus mestres e os seus iguais.
EP – Xuño 2013
A nutrición e a aprendizaxe
Que é a alimentación saudable? É a que contén unha grande variedade de alimentos. O consumo debe ser en cantidades abondo que permitan a cada membro da familia cubrir a diario as necesidades de enerxía e nutrientes para manterse activos e saudables.
ESO – Abril 2013
Adolescentes e a lectura
Ti coma pai es o principal educador dos teus fillos. Nesta escola de país aconsellámoste que facer para fomentar a lectura dos teus fillos adolescentes. Ler ensina a falar e a pensar ben. Cando ensinamos a un rapaz a ler estamos proporcionándolle o instrumento de aprendizaxe máis potente que creou a humanidade. Lendo aumentamos a nosa competencia lingüística, que á vez vai mellorar o pensamento, a convivencia, os proxectos, a eficacia académica e laboral.
EP – Abril 2013
Como fomentar a lectura na etapa de Primaria
Aos nosos nenos e nenas, encántanlles que lles leamos e lles contemos contos,pero, podemos realizar moitas máis actividades que motiven a ler; como as que propoñemos aquí: Para empezar a falar da LECTURA, en relación coas vosas NENAS e NENOS,debemos partir dunha idea xeral importante: «A necesidade de ler TAMÉN fóra da escola.»
Como fomentar a lectura dende Infantil
Aos nosos nenos e nenas, encántanlles que lles leamos e lles contemos contos, pero, podemos realizar moitas máis actividades que motiven a ler; como as que propoñemos aquí: Para empezar a falar da LECTURA, en relación coas vosas NENAS e NENOS, debemos partir dunha idea xeral importante: «A necesidade de ler TAMÉN fóra da escola.»
EI – Decembro 2012
Conflictos, berrinches, caprichos … Que facer?
Hoxe en día educar é unha tarefa difícil. Quizáis o fora sempre, pero a cantidade de cambios que vivimos e a rapidez con a que se desenrolan certos acontecementos, fannos vivir nun estado de permanente confusión, que acentúase cando nos atopamos coa misión de Educar. Os pais en xeral teñen medos, inseguridades, dúbidas, preguntas e moi poucas respostas, queren acercarse os seus fillos e moitas veces non saben como actuar ante conflictos cotidiás.
EP / ESO – Decembro 2012
Empezou o cole. A poñerse as pilas!
Empeza o cole. Para a maioría é unha volta á rutina. Pero non está de máis recordar algunhas cousas importantes… Que non se nos esquezan!
EP / ESO – Xuño 2012
As novas tecnoloxías
É importante que os pais coñezamos e orientemos aos noso fillos neste «universo» de internet. O desenvolvemento das novas tecnoloxías é imparable: videoxogos, chat, tuenti, facebook… A súa aportación é grande para os coñecementos e o acceso á información, mais o abuso desmesurado dos adolescentes alerta dun detrimento sobre outras actividades: lectura, deporte, estudo, vida familiar…
EI – Xaneiro 2012
O meu fillo é un mandón
Se o teu fillo é pequeno (aproximadamente menor de seis anos) e non para de dar ordes a todo o mundo, axeitando o xesto e o ton de voz dun maior, é probable que che pareza chistoso. Pero cando o neno é grande e continúa a portarse dese xeito, a situación xa non é tan cómica e é posible que comeces a darte conta do problema que supón para el nas súas relacións cos demais, xa que ningún amigo quererá xogar con el, a non ser que atope un compañeiro que se deixe gobernar.
EP – Decembro 2011
ENSINAR O VALOR DA VERDADE…
Os fillos vólvense mentireiros e iso preocúpanos e fainos sufrir, porque temos a sensación de que se separan ou que en diante non podemos fiarnos deles. En primeiro lugar, hai que tratar de entender cales son os motivos das súas mentiras. Con razón ou sen ela, o neno pensa que non podemos ou non queremos comprendelo. Por iso é importante restablecer continuamente a relación de confianza, de modo que eles volvan unha e outra vez a crer en nós
EI / EP – Xuño 2011
Técnicas de estudo
Neste primer trimestre tivemos, un ano máis, as sesións de técnicas de estudo cos alumnos dende 3º de primaria ata 3º da ESO (ver o material que se lle entrega aos alumnos). Tamén Os profesores van indicando na súa materia como estudar. Na ESO constatamos que os alumnos no dedican tempo suficiente para estudar, non teñen unha boa organización do estudo e teñen un exceso de actividades extraescolares que os leva ao estrés
É importante que valoren a necesidade de planificar o seu tempo e ser constantes nas tarefas.
ESO – Xuño 2011
Os móbiles non serven para nada bo?
É paragóxico que merquemos un móbil ao noso fillo e non nos poidamos comunicar con el porque está todo o día a falar por teléfono. Así aumentan as causas que novamente nos separan del: a linguaxe específica, as mensaxes, as continuas rifas polo excesivo gasto telefónico… Os móbiles non serven para nada bo?
ESO – Abril 2011
Os bos modais!.
Nesta escola de pais vámonos centrar nas relacións cos outros, na boa educación, os modais, saber estar e dicir, en cómo podemos facer a vida máis agradable aos que conviven con nós cada día. Como inculcar aos nosos fillos bos hábitos nas relacións cos demáis que lles van facer falla na vida dende agora mesmo
EP – Decembro 2010
Non contan nada: CÓMO FOMENTAR A COMUNICACIÓN
É innegable a importancia da comunicación na familia pero parece que atopamos dificultades para instalala, especialmente cando os nenos comezan a ser maiores
ESO – Decembro 2010
EP / EI – Abril 2011
OMENTAR OS BOS MODAIS NA MESA.
Coidar as formas non é algo do pasado. Un neno que saiba dalas grazas, saudar, conversar, comportarse na mesa…terá maior aceptación e éxito social, será máis querido e valorado e, por tanto, máis feliz.
EI – Decembro 2010
BICOS E MORDEDURAS
As emocións móvennos para face-la vida máis sinxela. O medo fainos alonxarnos do que trememos ou axúdanos a prepararnos e a estar pendentes fronte a unha situación perigosa.O enfado é a emoción que temos cando nos sentimos frustrados…