Día do libro

«Non hai espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que le» (Günter Grass)

Celebramos o mes do libro con moreas de actividades: creación de contos en galego que despois leron na aula, contacontos por parte do alumnado da ESO… Aquí vos deixamos unha mostra da etapa de Educación Infantil. Grazas ás profes polo traballo tan fermoso na nosa lingua de ouro. Por mil primaveras máis!
No mes das Letras Galegas o alumnado de secundaria terá un encontro con Ledicia Costas e Lois Pérez, destacados escritores na nosa lingua.

Translate »