6EP – Visita ao Aquarium e A Domus

O pasado xoves 16 de febreiro os cursos de 6º de Ed. Primaria fixemos unha visita ás instalacións do Aquarium e A Domus na Coruña. Todas e todos íamos moi contentos xa que era a nosa primeira visita cultural importante despois de estar tres anos sen poder saír do colexio por mor da pandemia.

No Aquarium tivemos a sorte de contar cunha visita guiada que nos foi informando dun xeito moi preciso e interesante moitos datos e curiosidades das especies mariñas que estabamos a ver.

Despois fomos andando ata A Domus disfrutando do bo día que facía e das vistas do paseo de Riazor. Alí puidemos ver unha película en alta definción sobre o Cambio Climático e os Glaciares. Xuntámonos para comer para poder desfrutar despois de todas as exposición que ten esta instalación.

Foi unha xornada moi divertida e formativa.

Translate »