23 de Febreiro: Día de Rosalía de Castro

«Eu son libre, nada pode conter a marcha dos meus pensamentos e eles son a lei que rexe o meu destino»

Co gallo do día de Rosalía o alumnado de 3º da ESO participou do acto homenaxe á nosa autora máis representativa na Praza Maior de Lugo xunto coa AELG e acompañados doutros colexios de Escolas Católicas.
Rosalía, unha muller alegre, soñadora e vital deixounos un legado literario que segue vivo na actualidade, convidándonos a mirar, a escoitar, a cantar… No evento, o noso alumnado declamou uns poemas para recordarnos, coas palabras da célebre escritora, que quedan moitas causas polas que loitar e situacións nas que debemos demandar igualdade e compromiso social. Todo isto, sen esquecermos que o motor destas reivindicacións, debe ser sempre o amor. Ollade os vídeos do noso alumnado, dan boa conta de que a inclusividade é un valor.
Aproveitamos a xornada para ir a gardería Escola infantil de Magoi a lerlles uns textos aos seus meniños e darlles un pequeno detalle. Que ben escoitaron!

Translate »